Dependente/a para tenda de agasallos galegos
Publicado 06/06/2023 en el Tablón de Anuncios de Santiago de Compostela
Salario a convenir
Código postal: 15884.
Tipo de contrato: Tiempo Completo, Tiempo Parcial
Ola, queres traballar para TendaGaliza?
Vamos abrir tenda física na Coruña e Santiago de Compostela a partir de xuño 2023.
Estamos a buscar unha persoa que nos axude como dependente/a da tenda física. Queres traballar connosco?
TendaGaliza é unha pequena empresa internet de agasallos galegos. Levamos dúas décadas exportando a imaxe do país polo mundo adiante: desde galegos na emigración que buscan artigos galegos para decorar a súa casa, a extranxeiros que visitaron Galiza e queren un souvenir do país, a xente galega que utiliza os nosos artigos todos os días para mostrar a súa galeguidade. De saias celtas a bandeiras históricas galegas, de camisolas deportivas a xoiaría celta galega. Probablemente teñas visto algún dos nosos produtos pola rúa ou nalgunha festa.
Gostarías de traballar para unha pequena empresa que foi creada para facer país espallando artigos de temática galega e popularizando a nosa historia?
A nós, gostaríanos de ter a sorte de encontrar unha persoa honesta, que teña interese no país e neste xeito de facer país. Non necesitas experiencia de traballar en tendas (nós tampouco tiñamos cando comezamos). O principal é ter interese no proxecto e unha vont. Ofertas de empleo en tablondeanuncios.
Ver todos los anuncios de Tenda Galiza